Chamadas gratuitas a través de Internet

22 Agosto 2007

VoIP (Voice over IP, Voz sobre IP), ou Telefonía IP, é o nome da tecnoloxía que permite facer chamadas de voz a través de Internet, ou máis técnicamente, permite a transmisión de voz a través de redes que utilizan o protocolo IP, como é Internet.

A súa ventaxa principal é a reducción dos costes de chamada con respecto aos da telefonía tradicional.

Os requisitos para utilizar esta tecnoloxía son ter un ordenador conectado a Internet (preferiblemente a través de banda ancha), uns altavoces e un micrófono.

Tecnolox�a VoIP

O ordenador deberá dispoñer ademáis do software axeitado. Hoxe en día proliferan multitude de programas. Entre eles un dos máis populares actualmente é o Skype, que permite, entre outras cousas, facer chamadas gratuitas a outros usuarios conectados a Internet e con tarifas baixas a teléfonos convencionais (fixos ou móbiles).

VoipBuster, unha empresa de telefon�a

Sen embargo hoxe queremos destacar outro programa chamado VoipBuster, que permite ademáis facer chamadas gratuitas a teléfonos fixos de multitude de países, ata 300 minutos á semana! Ademáis tamén permite manter conversas de voz entre dous contactos conectados, facer chamadas a teléfonos móbiles con tarifas reducidas e incluso enviar mensaxes curtas (sms) dende 1 céntimo de euro. O software pódese descargar dende o seu sitio web.

Conexións telefónicas gratuitas a Internet

5 Xuño 2007

A forma máis simple (e precaria) de conectarse a Internet é utilizando un módem analóxico dos de toda a vida. Para iso só é necesario dispoñer dunha liña telefónica, que podemos atopar en case calquera sitio, ou incluso utilizar unha cabina telefónica. Por desgracia, ainda existen moitas zonas nas que éste é o único método de conexión a Internet.

Para este tipo de conexións utilízanse os números que empezan por 908, o prezo destas chamadas é o equivalente a unha chamada local, e a velocidade de transmisión soe ser como máximo de 56 Kbps. A continuación indícanse os datos dalgunhas destas conexións:

Teléfono: 908 27 43 95
Usuario: arsys@arsys
Clave: arsys

Seguir lendo »

Basura Tecnolóxica

28 Maio 2007

A basura tecnolóxica segue crecendo e comeza a ser un problema principalmente polo compoñentes que a integran. Pronto os fabricantes e distribuidores terán a obriga de recoller todo este material vello: monitores, ordenadores, impresoras, móviles, electrodomésticos, etc.

Neste interesante artigo explicase con máis detalle o novo Real Decreto que entrará en vigor este verán.

Guía para a Publicación de Contidos na Rede

15 Maio 2007

Gu</p>
				</div>

				<p class=Escrito en Ciclo ASI, Curso de Blogs, Proxecto Integrado | 1 Comentario »

Ubuntu Tribe, a película.

14 Maio 2007

» O día que a fiestra se namorou do pingüino». Con este título e este eslogan estase a desenvolver, dende o País Vasco, unha comedia romántica inspirada no software libre e sobre o ideal de que o coñecemento e a cultura deberían ser de acceso libre e universal.  Para abrir boca, aquí tedes o trailer en español:

Máis información en  www.ubuntutribe.com ou na noticia publicada no periódico «El Mundo».

Protexido: Excursión ASI 2007

7 Maio 2007

Este artigo está protexido con contrasinal. Para velo introduce o teu contrasinal abaixo:


Buscando emprego I

Ahí vai algún conselliño persoal se estades buscando choio:

  • Tómao en serio, buscar traballo é unha actividade que leva o seu tempo e que require adicarlle tanta atención como se realmente estiveras traballando. É cansado e pode ser frustrante ás veces, pero non hai que deixarse abatir, senón ser constante e aproveitar cada oportunidade para seguir formándose.
  • Fai o teu cv con detalle, inclúe unha foto. Teno actualizado. Redacta unha carta de presentación xeral, ou mellor, específica para cada traballo ou perfil que queiras amosar, etc.
  • Non te deixes impresionar polos coñecementos ou capacidades que se piden nalgunhas ofertas. Habitualmente describen un candidato ideal que non existe. Se cumpres algúns dos requisitos envía o currículum sen falta, en moitos casos os outros pódense adquirir co tempo e dedicación. Incluso podes adquirir coñecementos básicos a través de Internet de moito do que pidan, e por suposto, poñelo no currículum como que o aprendiches tí mesm@. Dende que consultes a oferta de emprego ata que chegue a entrevista podes ter tempo de facer un cursiño intensivo pola túa conta.
  • Tanto se traballas como se non, nunca deixes de seguir formándote. Ésta é unha actividade que continúa toda a vida e hai que ter a actitude axeitada. Require disciplina se o fas pola túa conta, pero tamén pódeste apuntar a cursiños se tes a oportunidade.
  • A movilidade é unha gran ventaxa. Se estás dispost@ a desplazarte e incluso mudarte a unha cidade distinta tes un maior campo de acción para a búsqueda de emprego, e terás novas experiencias.
  • Estudia as ofertas de emprego para coñecer as habilidades e coñecementos que se solicitan nelas e adica un tempo a formarte naquelas ás que máis che interese orientarte.
  • Estudia as empresas. Infórmate sobre aquelas ás que envías o currículum ou aquelas nas que che gustaría traballar para saber cómo e con qué traballan. Moitas delas teñen na súa web un apartado de emprego para deixar alí a túa solicitude. Non estaría mal que foras facendo un listado cós datos das empresas, indicando aquelas ás que mandaches o currículum e cando o fixeches por se máis adiante, con máis experiencia, decides voltar a mandalo.
  • Inscríbete nas webs de búsqueda de emprego: infojobs, tecnoempleo, etc. (polo menos en dúas)
  • Consulta a prensa (páxinas laranxas dos domingos) e as bolsas de traballo que coñezas (servicio galego de colocación, inem, Leliadoura ;) etc.
  • Cando teñas unha entrevista vai tranquil@, con seguridade en tí mesm@ e sabendo do teu gran potencial. E todo o demáis.
  • E de novo, tómao en serio, buscar traballo é un traballo duro, e tamén ten a súa técnica, se queres mellorar a túa atoparás moreas de información en Internet: cómo facer un currículum, cómo redactar a carta de presentación, cómo acudir a unha entrevista, etc.

Protexido: ASI 1: Ideas para deseño de redes

12 Abril 2007

Este artigo está protexido con contrasinal. Para velo introduce o teu contrasinal abaixo:


Protexido: Avaliacións dos alumn@s de ASI 2

10 Abril 2007

Este artigo está protexido con contrasinal. Para velo introduce o teu contrasinal abaixo:


Protexido: Avaliacións dos alumn@s de ASI 1

Este artigo está protexido con contrasinal. Para velo introduce o teu contrasinal abaixo:


Olark Livehelp